Outro incendio en Viana do Bolo leva calcinadas xa máis de 20 hectáreas

Este concello leva rexistrados numerosos incendios no que vai de verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un incendio que afecta á parroquia de Vilarmeao, en Viana do Bolo, e que está estabilizado, queimou xa máis de 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural este mércores.

O lume, que comezou ás 22,41 horas do martes, quedou estabilizado ao redor das 5,00 horas da xornada de hoxe, indicaron as mesmas fontes, que lembran que a estimación da superficie é provisional, ata que se parametrice o terreo.

Para o control do incendio mobilizáronse ata agora catro axentes, nove brigadas, oito motobombas e dúas pas.

Incendio Viana do Bolo
Incendio Viana do Bolo | Fonte: @BrifLaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta