Os incendios de Viana do Bolo e Manzaneda seguen estabilizados pero non extintos

Manzaneda viu queimadas case 40 hectáreas por 5 lumes consecutivos nunha mesma noite.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

Os incendios que afectan este mércores á comunidade galega, en concreto aos núcleos de Viana do Bolo e de Manzaneda, permanecen a esta hora estabilizados. Segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural, o lume de Viana do Bolo afecta a unhas 40 hectáreas, na parroquia de Vilarmea, e está estabilizado desde as 5.00 horas desta madrugada.

En Manzaneda, pola súa banda, rexistráronse cinco lumes. O máis grande, de preto de 20 hectáreas, produciuse na parroquia de Reigada, e permanece estabilizado desde as 4,51 horas da noite. Tamén esta estabilizado outro rexistrado nesta mesma parroquia e os efectivos de extinción lograron controlar dous lumes en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado. Ningún deles supera as 20 hectáreas de afectación.

Incendio, arquivo. Rosa Veiga - Europa Press
Incendio, arquivo. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta