Adxudicadas polo Estado as obras da ligazón orbital de Santiago entre a AP-9, a autovía de Lugo e os polígonos

As obras consistirán na construción dunha nova ligazón no quilómetro 64,5 da AP-9, resolto mediante unha glorieta superior sobre o tronco da autoestrada e catro novos ramais. A ligazón conectarase coa actual glorieta de San Marcos na A-54.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou o contrato de obras da ligazón orbital de Santiago de Compostela, que unirá a AP-9 coa autovía A-54, o aeroporto e Lavacolla e os polígonos industriais. En concreto, adxudicouse por un importe de 19,1 millóns de euros.

Segundo precisou o Goberno central a través dun comunicado, o obxectivo desta actuación é definir unha nova conexión entre a autoestrada AP-9 e a autovía A-54 (Lugo-Santiago), así como co aeroporto Rosalía de Castro e os polígonos industriais e comerciais do norte da cidade, Tambre e Costa Vella, con todos os movementos posibles.

As obras consistirán na construción dunha nova ligazón no quilómetro 64,5 da AP-9, resolto mediante unha glorieta superior sobre o tronco da autoestrada e catro novos ramais. A ligazón conectarase coa actual glorieta de San Marcos na A-54.

Así mesmo, executarase un novo carril de trenzado (quilómetro 66) entre os vehículos que se incorporan sentido A Coruña ao tronco desde a ligazón Santiago Norte, cos vehículos que saen desde a AP-9 cara á ligazón 0rbital.

Esta nova ligazón permitirá desconxestionar tráficos da actual saída de Santiago Norte (quilómetro 67) da AP-9 en horas punta, onde conflúen tanto os tráficos que se dirixen cara ao centro cidade como os xerados polos polígonos industriais.

AP-9, autoestrada, peaxes. AUDASA
AP-9, autoestrada, peaxes. AUDASA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vivimos no pais da mentira e da propaganda ! Como se pode seguir falando de A-54 cando remata en Palas de Rei e te meten 64 Kms pola corredoira da vella nacional ? Logo de 25 anos aínda non fomos quen de construir unha Autovía entre Lugo e Santiago pero todos os trebellos tecnolóxicos e a cartelería das estradas indican que existe unha A-54 ! Vergoña e sobre todo ESTAFA !