Así serán as actividades extraescolares na era covid: talleres "híbridos" con xornadas presenciais e en liña

AFundación prepara un programa de formación complementaria para escolares adaptado á nova nornmalidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A covid inflúe pero o mundo non para. Do mesmo xeito que as aulas volverán a funcionar en poucos días, tamén as actividades extraescolares se preparan para uns meses que estarán marcados pola incerteza e a novidade. A diferencia do ensino obrigatorio, que se prevé -cando menos en principio- totalmente presencial, as actividades voluntarias xa teñen fórmula para tentar esquivar a covid: combinar xornadas presenciais e en liña.

Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo

Así se desprende do ciclo de actividades que vén de anunciar AFundanción para o curso que entra. A institución presentou recentemente unha proposta de ensinanza complementaria que pon o acento no online sen esquecer as virtudes do presencial "no caso de que se deas condicións". Trátase, pois, en palabras dos organizadores, dun modelo "híbrido" e adaptado ás novas circunstancias.

O ciclo de actividades, artellado baixo a intención de achegar "as artes, a cultura e a formación multidisciplinar" ós nenos, abrangue un amplo de abano de actividades, dende as artes escénicas ó teatro pasando pola música. Á parte, inclúense propostas no ámbito das artes plásticas e visuais; a cultura científica e medio ambiente; lingua e literatura galegas; tecnoloxía e seguridade; economía e educación financeira; aprendizaxe interxeracional e inglés. "Unha das principais novidades", destacan, "é a implantación da aula STEAM mediante a cal se darán contidos básicos de programación e robótica aplicada ás artes e ao medio ambiente".

NOVA CANLE

Dende a organización apuntan que aqueles talleres que non se poidan desenvolver de xeito presencial serán retransmitidos por streaming a través do novo portal da entidade Afundación TV. "Ademais", puntualizan, "contarán con recursos en liña dos que poderán facer uso como complemento e apoio á docencia tanto no caso de que houbese que impartir as clases a distancia como na propia aula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta