O PP abandona unha discusión en Twitter polo Pazo de Meirás cando lle lembran as subvencións á Fundación Franco

"Non estaba na súa axenda política molestar á familia do Generalísimo", afeou un usuario. "Apuntáronse cando non lles quedaba máis remedio".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Lea entre a conta oficial do PPdG e un tuiteiro a raíz do Pazo de Meirás. O histórico complexo sadense, que a familia do ditador terá que devolver ó Estado -no caso de que non progresen os seus recursos- foi na mañá deste xoves obxecto de discusión entre o tuiteiro O Vinculeiro e a conta oficial do Partido Popular.

Tweet do PP nunha discusión sobre o Pazo de Meirás
Tweet do PP nunha discusión sobre o Pazo de Meirás | Fonte: Twitter

O enfrontamento entre ambos, que se saldou coa conta do PP abandonando a discusión, comezou a raíz dun titular extraído da Cadena Ser a respecto dunhas declaracións de Núñez Feijóo.

Unhas horas máis tarde a conta oficial do Partido Popula respondía nestes termos ó tuiteiro, afeándolle nun ton retranqueiro que só amosa o titular da peza, omitindo o resto do texto.

A réplica do usuario non tardou en emerxer.

Pouco despois as redes do Partido Popular defendéronse da puntualización aludindo á vía defendida por En Marea para a restitución do pazo ó erario público.

A última intervención, porén, veu da man de O Vinculeiro, que lembrou ó PPdG as subvencións outorgadas á principal fundación en honra ó ditador polo partido durante os anos de Aznar e Rajoy. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta