Récord de casos en Galicia: 465 novos positivos nun día e rozando xa os 4.000

Curáronse 160 persoas, polo que o balance é de 305 positivos novos. A Coruña e Vigo as zonas con máis incremento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Galicia detectou nas últimas 24 horas 465 novos positivos por COVID-19 e o total de casos activos sitúase en 3.991 este xove, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade. O número de persoas curadas na Comunidade alcanza as 13.039, cifra que supón un ascenso de 160 con respecto a onte. Por iso, unha vez restados estes casos curados, o crecemento en Galicia é de 305 casos.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo), onde hai 28 infectados por Covid19 nun edificio, o 20 de agosto de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

Ademais, elévase a cifra de mortos ata os 651 desde o inicio da pandemia co falecemento dunha persoa usuaria da residencia Orpea de Culleredo (A Coruña).

Todas as áreas rexistran subidas no número de casos activos e son as da Coruña-Cee e Vigo as que experimentan ascensos máis acusados. Na primeira delas, que segue sendo a que ten un maior número de pacientes diagnosticados coa enfermidade actualmente, o incremento é de 38 casos, ata os 1.425; mentres que na segunda o total é de 302, o que supón que son 33 máis que onte.

Na área de Lugo hai 798 casos activos --12 máis que onte--; na de Ourense son 386 --24 máis--; na de Pontevedra alcanzan os 271 --21 máis--; na de Santiago sitúanse en 659 --15 máis--; e na de Ferrol constan 150 --un máis--.

A actualización deste xoves, que toma os datos da tarde de onte, indica que en Galicia se realizaron 349.050 probas PCR, que son 5.039 máis con respecto a hai 24 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 sulfur

Transmisión xeralizada xeográfica e temporalmente. O desastre está servido. Despois tampouco vai haber economía. Van subvencionala os cabezas de serrín e os "empresarios" da noite