Aprazan a II Marcha pola Recuperación da Casa Cornide debido á situación epidemiolóxica

Trátase dun percorrido que parte da praza de María Pita, na Coruña, para finalizar diante da Casa Cornide, na Cidade Vella.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A II Marcha pola Recuperación da Casa Cornide, prevista para o próximo día 26, foi aprazada ata que as condicións de emerxencia sanitaria melloren, segundo informou a Comisión Aberta en Defensa do Común.

A iniciativa forma parte do capítulo de medidas estruturadas por esta plataforma cívica para sensibilizar á opinión pública e ás diferentes institucións sobre a necesidade de recuperar espazos e inmobles que, ao seu xuízo, forman parte do ámbito común e, por tanto, "deben ser recuperados para o patrimonio público".

Trátase dun percorrido que parte da praza de María Pita, na Coruña, para finalizar diante da Casa Cornide, na Cidade Vella. "Alí, actores e actrices escenificarían o papel desenvolvido polos personaxes que artellaron aquela intervención para satisfacer á viúva do ditador: Pedro Barrié, Alfonso Molina e Peñamaría de Llano, personaxes que, para máis inri, aínda manteñen rúas e todo tipo de distincións", critica a asociación.

Do mesmo xeito, a entidade expresou a súa satisfacción pola sentenza que atribúe a propiedade do Pazo de Meirás ao Estado e observa "connotacións similares" no caso da Casa Cornide.

Exterior da Casa Cornide durante os traballos para elaborar o informe que pedirá a súa declaración como BIC. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA)
Exterior da Casa Cornide durante os traballos para elaborar o informe que pedirá a súa declaración como BIC. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta