O sector de instalacións deportivas defende que se cumpran as medidas sanitarias nos seus centros

Os empresarios do sector consideran "un pouco inxusto" que se poida pór en cuestión as medidas que se aplican nestes centros para evitar a posible aparición de casos de COVID.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/09/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O portavoz en Galicia da Federación Nacional de Empresarios de Instalacións Deportivas (FNEID), Roberto Ramos, defendeu o cumprimento das medidas sanitarias nestes centros tras os brotes por COVID detectados nun ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, e no Multiusos Fontes do Sar, de Santiago de Compostela

Ramos, membros de FNEID e da comisión interterritorial con representación en Galicia, defendeu que as medidas postas en marcha polo sector son "importantísimas", apuntando a controis da temperatura aos usuarios nalgúns deles.

"Desde o primeiro momento acometéronse investimentos moi importantes para dar seguridade", recalcou. Ademais, incidiu nos labores de limpeza e desinfección que levan a cabo.

"É decepcionante que nos poñan ao mesmo nivel que o lecer nocturno", lamentou. Ao fío diso, insistiu en que os centros deportivos son "provedores de saúde" e que, como tal, traballan para garantir unhas condicións de "seguridade" aos seus usuarios.

Por todo iso, considera "un pouco inxusto" que se poida pór en cuestión as medidas que se aplican nestes centros para evitar a posible aparición de casos de COVID. Así, dixo que se optou por "usar espazos novos, por redistribuír salas ou pór biombos".

"Non comparables con outros negocios", engadiu Roberto Ramos, quen quixo tamén, no actual contexto, trasladar "unha mensaxe de tranquilidade" á cidadanía. "Recibimos felicitacións da inspección sanitaria", cita como dato.

Instalacións deportivas
Instalacións deportivas | Fonte: Wikimedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta