As novas prazas creadas en centros escolares ofertaranse en adxudicación para os destinos provisionais do día 10

Estas novas prazas, ademais terían a duración do curso académico na súa totalidade, e non estarían vinculadas especificamente ao contexto de alerta sanitaria debido á incidencia da COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

As novas medidas pactadas entre o Goberno central e as comunidades autónomas, que á súa vez levaron á Xunta a actualizar o protocolo de adaptación dos centros á situación sanitaria e a abrir a posibilidade de realizar novas contratacións de profesorado pola ampliación da distancia de seguridade entre alumnos na aula.

Estas novas vacantes produciríanse a partir de desdobres e axustes do cociente en cada centro, no caso de que o espazo físico dispoñible impida cumprir coas condicións e criterios establecidos para o inicio do curso ante a COVID-19.

Os sindicatos ANPE e FeSP-UGT remitiron un escrito á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para demandar que estes postos se incorporen "coa máxima celeridade" e previa á a adxudicación definitiva do CADP, a resolución de destinos provisionais.

O departamento dependente da Consellería de Educación confirmou non só que todas as prazas que xurdan a partir da aplicación das medidas sanitarias ofertaranse na adxudicación definitiva de destinos provisionais, prevista para o 10 de setembro, senón que "se fose necesario" esta demoraríase un ou dous días para garantir que se doten todas as vacantes.

Estas novas prazas, ademais terían a duración do curso académico na súa totalidade, e non estarían vinculadas especificamente ao contexto de alerta sanitaria debido á incidencia da COVID-19.

De momento non transcenderon os efectivos en concreto que se sumarán a maiores dos previstos, aínda que os sindicatos valoraron a aclaración trasladada polo departamento dirixido por José Manuel Pinal.

FeSP-UGT instou que esta dotación se aclare tanto no ámbito organizativo como de recursos humanos, no marco dunha mesa sectorial para abordar especificamente estas cuestións.

Dous docentes imparten clases a varios alumnos na Escola Infantil  O Tren da Fresa, o día da súa reapertura tras o parón polo coronavirus en Madrid (España), a 1 de xullo. As escolas infantís de cero a tres anos, na Comunidade de Madrid, v. Marta Fernández Xara - Europa Press - Arquivo

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta