Cargan contra a Xunta por limitar ó 10% o aforamento dos teatros mentres os bares están ó 50%

O sector critica unhas medidas “infundadas” e “sen xustificación”.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Novo ataque á Xunta de Galicia a raíz das medidas restritivas aplicadas no marco da loita contra a pandemia. Ás protestas de hostaleiros e restauradores, que estas semanas levaban -sen éxito- á xustiza a limitación do aforamento, súmanse agora os profesionais das artes líricas e teatrais, que veñen de lanzar unha petición en Change.org para poñer fin á "discriminación" que sofren.

Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo
Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo

A mobilización do sector contou nos últimas días cunha erupción na Coruña. Alí o equipo artístico e de produción da obra La Verbena de Paloma, que abrirá o ciclo lírico da cidade no teatro Colón, manifestouse a escasos metros do edificio contra as medidas da Consellería de Sanidade. Actores e produtores critican que a reapetura da tempada vaia ter que desenvolverse baixo circunstancias que -din- dificultan a supervivencia do sector e, por riba, son "infundadas".

Dende o sector cargan contra a Xunta por impoñer unha limitación de aforamento que, ao seu ver, resulta particularmente restritiva, máxime se se compara con outros sectores. En concreto, critican que tan só poidan dispoñer do 10% de butacas, mentres "bares restaurantes, e demais locais de ocio" disfrutan dunha proporción "moito maior", entre o 50% e o 100%.

"Estas restriccións non se corresponde co que vemos polas rúas da Coruña", apunta un voceiro nun vídeo subido a RRSS para denunciar a situación. Dende o sector afean á Consellería de Sanidade que as limitación foran tomadas "sen explicación baseadas en datos actuais da pandemia". Neste aspecto, destacan "o cumprimento cabal" das medidas sanitarias por parte do público do teatro, unha circunstancia que -aseguran- "só se observa na industria cultural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta