Por Europa Press / Redacción | MADRID | 04/09/2020 | Actualizada ás 14:19
As Forzas Armadas bautizaron baixo o nome de 'Misión Baluarte' o despregamento de rastreadores militares para colaborar coas comunidades autónomas na detección do coronavirus, segundo informaron fontes do Ministerio de Defensa.
Con este nome, as Forzas Armadas queren destacar o seu traballo na loita contra a propagación da covid-19 "como punto forte da defensa contra o asalto ás tropas inimigas". "Os nosos rastreadores serán unha peza fundamental e básica de defensa contra o virus en colaboración co Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas", explican.
Defensa puxo ha disposición das autonomías ata 2.000 rastreadores militares para colaborar nas tarefas de detección do virus. Ata o momento, polo menos dez comunidades e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla solicitaron a súa presenza para reforzar os seus persoais.
O procedemento para a incorporación destes rastreadores militares pauta que as autonomías deben elevar unha petición explicativa ao Ministerio de Sanidade sobre a situación epidemiolóxica que motiva esa necesidade de reforzo. A partir de aí, o Goberno avaliará esa petición cunha resposta "inmediata" cedendo os rastreadores militares e o número será adecuado á situación do territorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.