Un falso positivo nun colexio de Ames pon en corentena durante 24 horas a un grupo de profesores

O director do centro di que agarda que Sanidade diga o que hai que facer se hai que estar en corentena 14 días.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O falso positivo en covid-19 dun profesor do colexio de Barouta, en Ames, puxo en corentena a el e a un grupo de compañeiros do centro durante case 24 horas, segundo confirma a Europa Press o director do centro, Alonso Caxade.

En concreto, docentes deste colexio tiveron que gardar a correspondente corentena aproximadamente desde as 13,30 horas deste xoves ata este venres ás 12,30 horas, cando as autoridades sanitarias foron chamando un por un aos afectados comunicando que, finalmente, o positivo que se detectou non era tal, posto que deu negativo na segunda proba que se lle realizou.

O inicio das clases para os alumnos de primaria está programado para o vindeiro xoves 10, polo que xurdira inquietude entre os pais do alumnado, que tamén foron informados o negativo.

O propio director, o músico Alonso Caxade, manifestouse á espera de "ser chamados por Sanidade" para saber como debían actuar no caso de ter que permanecer en corentena durante 14 días.

PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press
PCR. Foto de arquivo.. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta