A Deputación da Coruña pon en marcha un plan para unha "volta segura" aos seus centros de ensino

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, destacou que "para lograr unha volta ás aulas a máis segura posible é imprescindible a colaboración de todos os axentes implicados: institucións, profesorado e alumnado".

Por E.P. | A CORUÑA | 04/09/2020 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña puxo en marcha un plan para a "volta segura" aos seus centros de ensino, segundo informa o organismo provincial.

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e a responsable de Educación, Sandra González, abordaron esta cuestión nunha reunión cos directores dos centros educativos dependentes do organismo: IES Calvo Sotelo, IES Puga Ramón e o Conservatorio de Danza.

Ampliación de horarios, reforzo dos servizos de limpeza e contratación de máis persoal docente son algunhas das principais medidas, "que serán máis estritas na residencia e comedor do Calvo Sotelo, onde haberá controis de temperatura dos residentes, comida envasada individualmente e habitacións para posibles illamentos preventivos", explica.

Valentín González Formoso destacou que "para lograr unha volta ás aulas a máis segura posible é imprescindible a colaboración de todos os axentes implicados: institucións, profesorado e alumnado".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside unha reunión sobre a volta  ás clases 'segura'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside unha reunión sobre a volta ás clases 'segura'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta