Xulgan a un home por asestar varias puñaladas a outro que empuxou á súa parella na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o luns o xuízo contra un home acusado de asestar varias puñaladas a outro que empuxou levemente á súa compañeira sentimental durante unha discusión, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

No seu escrito de cualificación, e por un delito de homicidio en grao de tentativa, a Fiscalía reclama oito anos e medio de cárcere para o acusado que, presuntamente, asestou á vítima varias puñaldas no tórax e no abdome.

Xuízo na Audiencia Provincial
Xuízo na Audiencia Provincial | Fonte: EP

Os feitos producíronse sobre o dez da noite de outubro de 2018 no exterior dun bar da Coruña tras un enfrontamento entre os compoñentes de dous grupos, entre os que se atopaban os implicados.

AGRESIÓN SEXUAL

Por outra banda, a sección primeira fixou para o día 10 a continuación dun xuízo por agresión sexual por uns feitos que se remontan á madrugada de maio de 2010 e por unha causa procedente dun xulgado de Santiago de Compostela.

O Ministerio Público demanda dez anos de cárcere para un acusado de agredir e violar á súa compañeira sentimental na vivenda na que convivían.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta