Anova xa conta con outro colectivo organizado "transformador e revolucionario"

Nova Esquerda Galega constituíuse esta fin de semana con militantes de Nova Esquerda Socialista e Unidade da Esquerda Galega.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/03/2013 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Soberanistas, marxistas, antiglobalizadores, ecoloxistas e socialistas. Todos eles teñen lugar en AGE baixo diversas siglas --FPG, Encontro Irmandiño, Ecosocialistas, FOGA...-. E, agora, xorde outro colectivo da unión de dúas pequenas formacións; Nova Esquerda Socialista (NES) e de militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG), ademais dun grupo de persoas independentes e grupos de activistas sociais.

Lois Pérez Leira
Lois Pérez Leira

Este novo partido, que leva o nome de Nova Esquerda Galega (NEG), celebrou o seu Congreso Constituínte esta fin de semana en Vigo, a cidade da que son boa parte dos seus militantes. Nesta cónclave abriuse un proceso de reflexión sobre a situación da esquerda social en Galicia e valorouse a necesidade de impulsar un novo polo da "esquerda transformadora e revolucionaria" no interior de Anova.

Confluencia con outros sectores

Tamén se falou sobre o actual escenario de crise económica e sistémica, a situación dos movementos sociais en Vigo (e en Galicia), o contexto político que envolve a Anova ou as perspectivas de futuro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Ademais, abordaronse as posibilidades de confluencia de diferentes sectores militantes nunha única organización e valorouse a posibilidade de traballar na apertura de Nova Esquerda Galega a outros colectivos sociais e políticos. "Analizouse a necesidade de continuar traballando nas distintas áreas de actividade social e política: desafiuzamentos, problemas veciñais, comercio ambulante, política municipal, ecoloxía, dereitos humanos, movemento sindical,...", sinalan desde este novo colectivo.

A Comisión Permanente e Executiva Nacional de NEG queda integrada por Xosé Manuel Graña (Presidente), Lois Pérez Leira e Óscar Lomba Álvarez (Voceiros e Coordinadores Xerais de NEG. Ademais serán os responsabeis de Organización, infraestructura, loxística, administración e finanzas), Luis Rolando (Secretario de documentación, proxectos e programas), Fran Riveiro (Secretario de Prensa, Propaganda e Comunicación) e Carlos Carminati (Secretario de movementos sociais, veciñais e participación cidadá).

Óscar Lomba
Óscar Lomba

Os impulsores

Precisamente, os dous voceiros e coordinadores xerais de NEG, Pérez Leira e Oscar Lomba, foron os grandes muñidores deste novo colectivo. O primeiro é o principal dirixente de Nova Esquerda Socialista e o segundo un dos grandes impulsores de Unidade da Esquerda Galega, un colectivo que xurdiu con militantes do PSdeG que abandonaron esta formación polo dirixismo co que Abel Caballero controla ao socialismo en Vigo.

Esta nova formación ten un Consello POlítico Nacional con 13 secretarías e unha importante área internacional con presencia en Arxentina, Cuba, Brasil e Uruguai. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 Roi Xordo

Estou dacordo cun comentario anterior: a este paso non se van poder crear partidos no futuro por falta de siglas e nomes, xa que van estar todos esgotados.

2 PPSOE 2

jojojojo os oportunistas progres Lomba e Pérez Lema noutra das sus pantomimas, agora no camión do lixo recollendo todolos despoxos que o españolismo vai deixando. Como sigades así ides ser a Reserva Espiritual de España.

1 Antifeixista

Pérez Leira, Pérez Leira... Antes de falar, hai que saber algo de política.

1 Spidercan

Caralho! Non paran. Como sigan así vannos deixar sen siglas aos demais. Cando se faga unha nova corrente haberá que preguntar antes si xa existe. E digo eu, tanta corrente é sospeitosa. Si o que procuras e´a independencia, non tes que lhe dar tantas voltas, digo EU.

1 Poli-glota

Where´s Beiras???

2 Spidercan

Beiras está de parto.

3 vintedous

Pérez Leira!!..Outra vez por aquí. Persoeiro peculiar. Por certo, en cantos sitios estivo xa?..De cantos o botaron?. Polo PSOE xa pasou fugazmente hai anos. Con esta tropa se quere construír a AGE?

4 Bandeira

Pleno no Parlamento e o noso Pétain en Francia.

5 xustizaencarapuchada

O grande Vieiras esta facendo un curso de maxia potaxia de David Coperffield para ocultar as suas propiedades, xa sabedes en plan Brcenillas, no señorio de Brion ten moito o señorito pacego este, Vieiras reparta as propiedades entre os pobres seria o san francisco de vieiras...

6 moitoodioinutil

A ver se vai resultar que os vosos con ser bastantes mais novos, van ter mais propiedades. Desde logo pobriños non son, e para non ter traballado noutra cousa que non fora a política, amasaron de cara..allo.

7 Bandeira

Cóntame cantos deputados/as de AGE tiveron outra actividade que non fose a política ou o sindicato?, ou ves a palla en ollo alleo.

8 Ameneiro

Home, comezando polo señor profesor universitario Beiras, ou ese non conta? O David Fernández é enxeñeiro técnico agrícola e Enxeñeiro de Montes e traballou de investigador para o CSIC e estava no paro cando foi electo, este vale-che?; Antón Sánchez García é enxeñeiro técnico agrícola, e fundou Agrecogaliza, unha sociedade laboral que traballa unha hectárea de invernadoiros e dúas e media de leiras ao aire libre.... Por exemplo... alguns eu acredito que traballaron fora da política e os sindicatos.

9 Jose Buiza Badas

AGE , Anova e o Beiras nunca farám umha greve geral de 48 horas na Galiza.

10 langullense

Estoy hasta los cojones de alimentar partidos politicos,sobre todos alos secesionistas,y irresposables