Un incendio queima xa 20 hectáreas na Mezquita tras calcinar máis de 400 en Portugal

No lume traballa 10 axentes, 17 brigadas, nove motobombas, tres pas, 12 avións e nove helicópteros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal que permanece activo no municipio ourensán da Mezquita, e que, segundo as primeiras estimacións, queimou xa unhas 20 hectáreas.

En concreto, as chamas afectan á parroquia da Esculqueira e entraron en territorio galego sobre as 12,30 horas deste sábado procedentes dun incendio en Portugal no que xa arderon máis de 400 hectáreas.

Nos labores de estabilización e control deste lume participaron 10 axentes, 17 brigadas, nove motobombas, tres pas, 12 avións e nove helicópteros.

Incendio na Mezquita que procede doutro lume de Portugal
Incendio na Mezquita que procede doutro lume de Portugal | Fonte: Diario do Támega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta