Arrincan os traballos de elaboración do inventario forestal de Galicia tras a formación das brigadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os traballos de elaboración do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG), que recompilará os recursos relacionados co monte galego, arrincarán nos próximos días unha vez completado o proceso de formación das brigadas que se encargarán das medicións.

Diso informa este domingo nun comunicado a Consellería do Medio Rural, que detalla que nos últimos días tivo lugar a última sesión formativa celebrada en Rábade, onde as brigadas recibiron un curso sobre o manexo dos equipos de medición.

A formación desenvolveuse ao longo do verán grazas á colaboración entre as universidades de Santiago e Vigo e a Administración autonómica no marco do convenio para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. Este inventario forma parte das recomendacións que figuran no ditame da comisión especial non permanente do Parlamento de Galicia para a reforma da política forestal, prevención e extinción de incendios e do Plan Forestal Galicia.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, nunha reunión telemática sobre a elaboración do Inventario Forestal Continuo de Galicia.. XUNTA DE GALICIA
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, nunha reunión telemática sobre a elaboración do Inventario Forestal Continuo de Galicia.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta