Xornada negra en Galicia con cinco mortos en distintos sucesos nas últimas horas

Un motociclista en Cerdedo-Cotobade, o tripulante dun barco en Moaña, un bañista no Grove e dúas persoas que apareceron falecidas en distintos puntos de Vigo e Culleredo suman este triste reconto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Cinco mortes en Galicia nas últimas horas en distintos sucesos, entre accidentes e sucesos insesperados, fan que sexa unha xornada negra.

Un profesional sanitario nunha ambulancia
Un profesional sanitario nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Así, un motorista de 29 anos de idade faleceu na mañá deste domingo en Cerdedo-Cotobade ao impactar contra un poste despois de sufrir unha saída de vía, segundo informou a Garda Civil de Pontevedra.

Tamén pasada ás 13.00 horas deste domingo coñecíase a morte doutra persoa en Culleredo. O corpo apareceu preto da ponte romana na ría do Burgo, sen que polo momento se saiban os motivos do seu falecemento. Precisamente, desde este mediodía activarase unha petición de busca dun veciño moi coñecido do Temple,que fora pasear e non regresara ao seu domicilio.

Un feito moi semellante tivo lugar en Vigo a última hora do sábado onde unha persoa particular alertaba ao 112 de que acababa de atopar a unha persoa tirada no chan nun recinto da rúa Ribadavia.

ACCIDENTES NUN PORTO E NUNHA PRAIA

Tamén a últimas horas do sábado se daban a coñecer dúas mortes máis. a dun home de 38 anos morreu esmagado por unha embarcación que realizaba manobras de atracada no porto deportivo de Moaña. O falecido formaba parte da tripulación do barco e atopábase en terra para axudar na aproximación ao porto, segundo fontes das forzas de seguridade consultadas por Europa Press.

Ademais, un home de 80 anos falecía nun areal do municipio pontevedrés do Grove, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Os servizos de emerxencia recibiron un aviso ao redor das 19,30 horas do sábado no que se indicaba que tres persoas trataban de rescatar da auga a un home na praia de Confín.

ACCIDENTE EN BRIÓN

Por outra banda, un home tivo que ser liberado e trasladado a un centro hospitalario na tarde do sábado ao caerlle unha árbore encima e resultar ferido mentres observaba como o seu fillo traballaba. Os feitos tiveron lugar en Cristimil, na parroquia de Luaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta