Nace a Orquestra Galega da Liberación para buscar novas formas de creación

É unha proposta formada por 16 musicos recoñecidos nos distintos eidos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e das performance.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Nace a Orquestra Galega da Liberación, unha proposta formada por 16 músicos residentes en Galicia reunidos en torno á música de vangarda, á busca de novas formas de creación espontánea e á improvisación como fonte de investigación.

Orquesta Galega da Liberación.
Orquesta Galega da Liberación. | Fonte: Xacobe Martínez Antelo

A súa estrea será este vindeiro sábado, 12 de setembro as 19:30h no Teatro Principal en Santiago de Compostela, dentro do festival Plataforma, adicado ás artes performativas. 

O elenco está constituído por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos eidos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. 16 músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos agromando un proxecto tan contemporáneo e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda.

A orquesta está formada por: Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo e dirección), Max Gómez (batería), Lar Legido (batería), Javier Pereiro (trompeta), Olivier Cano (saxo alto), Xosé Miguélez (saxo tenor), Diego Alonso (saxo tenor), Rosolino Marinello (clarinete baixo), Rubén Fernández (voz), Faia Díaz (voz), Antonio Bravo (guitarra), Manuel Cebrián (guitarra), Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello) e Saúl Puga (contrabaixo).

As entradas para a estrea da Orquestra Galega de Liberación pódense encontrar en compostelacultura.gal e tamén en plataforma.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta