O concello de Brión pon en marcha un programa para reavivar a cultura

"Brión coa cultura" é unha iniciativa gratuíta artellada con representantes do sector cultural brionés.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O Concello de Brión vai poñer en marcha, do 9 ao 20 de setembro, o programa “Brión coa cultura”, unha iniciativa artellada nas últimas semanas con representantes do sector cultural brionés e que levará doce espectáculos gratuítos e de pequeno formato polas distintas parroquias do municipio.

Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo
Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo

Un programa no que as parroquias serán as protagonistas, con espectáculos de pequeno formato para poder cumprir coas recomendacións das autoridades sanitarias nestes tempos.

“A pandemia da Covid-19 motivou a suspensión de todas as actividades culturais e supuxo un duro golpe para o sector cultural, moi importante neste concello. Dende ese momento, no Departamento de Cultura de Brión comezamos a traballar co obxectivo de aprazar no tempo esas actuacións que tiñamos programadas para non ter que suspendelas”, apunta Sandy Cebral, concelleira de cultura. 

PROGRAMA

Luís Vallecillo será o encargado de abrir a programación este mércores 9 de setembro na Luaña co seu espectáculo “Cantamos”, unha iniciativa de música infantil e familiar baseado no audiolibro do mesmo nome.

Á semana seguinte, o mércores 16 está programada a divertida obra “Saaabor”, de Fran Rei, en Ons. O xoves 17, Títeres Alakrán presenta na Luaña “Os soños na gaiola”. O venres 18 de setembro, música por partida dobre: ás 18:00 horas “Música Miúda en concerto!” nos Ánxeles e ás 20:00 horas con Nastasia Zürcher e Adrián Saavedra, en Brión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta