Cinco anos de cadea para un home acusado de darlle varias puñaladas a outro que empurrou á súa parella

Os feitos producíronse sobre as dez da noite de outubro de 2018 no exterior dun bar da Coruña tras un enfrontamento entre os compoñentes de dous grupos, entre os que se atopaban os implicados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Un home acusado de dar varias puñaladas a outro que empurrou levemente á súa compañeira sentimental, no exterior dun bar na Coruña, aceptou unha condena de cinco anos de cárcere tras chegar a un acordo no xuízo fixado para este luns na sección primase da Audiencia Provincial da Coruña.

O home tamén aceptou o pago dunha indemnización de 61.000 euros á vítima e na súa condena tívose en conta, ademais, a atenuante de drogodepdencia.

Por un delito de homicidio en grao de tentativa, a Fiscalía reclamaba oito anos e medio de cárcere para o acusado por asestar á vítima varias puñaladas no tórax e no abdome, segundo recolle o escrito de cualificación.

Os feitos producíronse sobre as dez da noite de outubro de 2018 no exterior dun bar da Coruña tras un enfrontamento entre os compoñentes de dous grupos, entre os que se atopaban os implicados.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta