Acusan a unha médica de Verín de negarlle a asistencia a unha nena "que non tiña feita a PCR"

Outro profesional do hospital de Verín atendeu posteriormente sen ningún problema á menor. "É como se eu que son perruqueira teño que pedirlle PCRs a todos os meus clientes", di a nai.

Por Galicia Confidencial | Verín | 07/09/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"Negáronse a atender á miña filla de oito anos porque, e así nolo dixo de moi malas maneiras a doutora, non tiña a PCR feita". É a crítica que fai unha nai de Verín que denuncia o mal trato dispensado por unha médica do centro de saúde cando acudiu coa súa cativa.

Hospital de Verín.
Hospital de Verín.

Segundo o relato da proxenitora, tal e como recolle o DdT, o marido desta acudiu pasadas as 13:30 horas coa súa nena porque "tiña dor de garganta, oído e tose, pero non febre" ás urxencias do centro de saúde de Verín, que as ten até as 15:00 horas. "Na consulta, o primeiro que preguntou a doutora foi se a pequena tiña a PCR feita, cando o meu marido díxolle que non, pediulles desagradablemente que saísen de alí sen tan sequera examinala", di Élida Fernández.

A médica que os recibiu pediu a PCR para a nena e díxolles que xa os chamarían. "Ao cabo dunha hora, e como a nena seguía coa dor, decidín acudir a Urxencias do hospital de Verín. Alí, un médico coas oportunas medidas de protección (bata, máscara, pantalla e luvas) consultouna e recetoulle o antibiótico para as placas de garganta que lle diagnosticou", relata.

Élida Fernández decidiu interpor unha reclamación contra o centro de saúde, no que lle negaron mesmo o nome da doutora que atendeu á súa parella e filla inicialmente porque "eu, pola miña profesión de perruqueira, non lle pido ningunha PCR a ninguén se é que o vemos carraspear ou estornudar. E polas miñas mans pasan 10 ou 12 persoas todos os días".

"A doutora debeu atender á miña filla coas debidas proteccións e se tiña a sospeita de que podía ser un positivo, que non o foi, solicitar a proba. E se tiña medo, derivalos ao hospital, pero non pedirme que a miña filla se aguantase ata que o resultado da PCR fose negativo", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta