Segue subindo o prezo da vivenda en Galicia a pesar da crise

A vivenda nova rexistra un incremento maior que a de segunda man (4,2% fronte a 2,5%).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/09/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

O prezo medio da vivenda libre subiu un 2,7% no segundo trimestre do ano en Galicia en taxa interanual, co que diminúe máis de medio punto respecto ao trimestre anterior, segundo o índice de prezos de vivenda que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En comparación co primeiro trimestre, o prezo da vivenda libre creceu un 1,3%, co que o aumento acumulado no que vai de ano é do 1,3%.

Na comunidade galega, a vivenda nova experimentou un maior incremento interanual no seu prezo, do 4,2%, que a vivenda de segunda man, do 2,5%. En taxa intertrimestral, o prezo da vivenda nova caeu un 0,1%, mentres que o da vivenda usada subiu un 1,5%. Así as cousas, ambas acumulan unha evolución positiva no que vai de 2020, do 1,5% no caso da vivenda nova e do 1,2% no da usada.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o prezo medio da vivenda libre subiu un 2,1% no segundo trimestre en taxa interanual, co que diminúe máis dun punto respecto ao trimestre anterior.

Evolución da taxa anual do prezo da vivenda en Galicia. EPDATA
Evolución da taxa anual do prezo da vivenda en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta