Piden á Xunta que actúe e poña en marcha xa "políticas para erradicar os malos tratos"

Animalistas solicitan tamén un plan de contixencias pola situación das protectoras e refuxios de animais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera instou á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, a elaborar "políticas públicas autonómicas en materia de benestar e protección dos animais".

Os animalistas sinalan que o marco normativo "é cambiante e no horizonte próximo do Congreso sitúase un proxecto de lei en elaboración por parte da Dirección Xeral de Dereitos Animais". "Polo que a lexislación galega podería ter que adaptarse en pouco tempo mentres non se publicou aínda o decreto regulador da norma autonómica de 2017, un compromiso roto por parte da Xunta", denuncian.

Por iso, piden á conselleira "unha estratexia clara para os próximos catro anos, que debe asumir a necesidade dun maior investimento en políticas sectoriais, incrementando as axudas directas para concellos e organizacións non gobernamentais, que durante os dous últimos exercicios manifestáronse claramente insuficientes". Ademais dun plan de contixencias pola situación das protectoras e refuxios de animais, solicita actuacións de carácter educativo, con programas de concienciación.

Un home arrastra a súa cadela tras dispararlle en Chantada. Poderíase enfrontar a cargos de maltrato animal
Un home arrastra a súa cadela tras dispararlle en Chantada. Poderíase enfrontar a cargos de maltrato animal | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta