Miniserie de videorreceitas con produtos ecolóxicos, a nova aposta do Craega

As videosrreceitas están conducidas polo chef Martín Mantilla Rodríguez e xa están dispoñibles na web do Craega e nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) vén de estrear unha miniserie de videorreceitas sinxelas e para todos os petos cos alimentos de verán como protagonistas. O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia quere achegar o produto certificado ao consumidor galego conquistando o seu padal. Os catro capítulos xa están dispoñibles na web corporativa do consello e na canle de Youtube.

Martin Mantilla preparando unha das súas recetas para a miniserie.
Martin Mantilla preparando unha das súas recetas para a miniserie. | Fonte: Craega

Embaixador veterano da marca, o chef monfortino Martín Mantilla Rodríguez, do restaurante Berso en Sober, pon unha vez máis o mandil do Craega para cociñar os catro pratos ecolóxicos elixidos para esta primeira entrega. Seguindo as súas indicacións paso a paso, calquera é quen de preparar na súa casa un menú con produtos certificados sen demasiados quebradeiros de cabeza.

PROMOCIÓN ONLINE

Por mor da pandemia, o Craega está redobrando os esforzos para redirixir as súas estratexias de promoción cara as canles dixitais. Ademais da miniserie de videorreceitas, a finais de agosto organizou por primeira vez unha xornada de formación online.

Entre o 5 e o 7 de novembro, a entidade participará na primeira edición virtual de Biocultura, a feira ecolóxica por antonomasia na Península. A través de Intereco, a asociación que agrupa ás autoridades públicas de control de agricultura ecolóxica de España, o Consello intervirá en diferentes actividades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta