Segundo 'aprazamento' do Encontro Mundial do Humorismo na Coruña a maio de 2021

O evento, despois do primeiro aprazamento, ía celebrarse do 19 ao 27 de setembro. Por prevención, o encontro volve as súas datas orixinais.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 08/09/2020 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A organización do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), atendendo ás medidas de prevención motivadas pola crise sanitaria e co fin de non pór en risco a asistentes, público e traballadores/as, anunciou que o evento previsto entre o 19 e 27 de setembro na Coruña será aprazado a maio de 2021, volvendo ás súas datas orixinais. A nova data da II Edición do EMHU será do 7 ao 16 de maio de 2021.

O Encontro Mundial do Humorismo volverá ás súas datas orixinais en 2021.
O Encontro Mundial do Humorismo volverá ás súas datas orixinais en 2021. | Fonte: EMHU

As entradas adquiridas serán válidas para as novas datas de 2021. Para aqueles que desexen a devolución das mesmas, o período de devolución estará vixente desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020, incluidos. A venda das novas localidades non estará dispoñible ata a finalización do período de devolución.

Desde a dirección do EMHU lamentan os inconvenientes que isto poida causar e agradecen tódalas mostras de apoio amosado recibidas nestes difíciles e inciertos momentos para o sector cultural.

NOVA PROGRAMACIÓN 2021

Na nova programación do festival participan humoristas de categoría como Leo Harlem, Carlos Blanco, Ana Morgade, Luís Piedrahita, Silvia Abril, Touriñán, David Broncano, Quequé, Ignatius e Pantomima Full, entre outros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta