Bugallo cre que o cambio en Educación é un intento de pór "a unha persoa de peso e con capacidade de decisión"

"A decisión de repor a Román Rodríguez en educación reflicte que o presidente da Xunta é consciente de que temos un problema moi severo" di o alcalde de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, indicou este martes que o cambio na Consellería de Educación realizado polo presidente da Xunta obedece á intención de pór á fronte deste departamento a "unha persoa de peso e con capacidade de decisión".

Preguntado polo novo Executivo galego, no que Educación se volve a integrar na Consellería de Cultura, o rexedor compostelán dixo que sente "aprecio" pola ata agora conselleira, Carmen Pomar, pero que Román Rodríguez é "un peso pesado da Xunta".

"A decisión de repor a Román Rodríguez en educación reflicte que o presidente da Xunta é consciente de que temos un problema moi severo e busca a unha persoa de peso e con capacidade de decisión para pola á fronte", resolveu.

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE)
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE)

DESINFECCIÓN DE PAVILLÓNS DEPORTIVOS

O Concello de Santiago reforzará as tarefas de limpeza nos centros educativos da cidade e incorporará a este protocolo de desinfección aos pavillóns deportivos.

Así llo comunicou este martes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ao presidente da Federación de Anpas de Santiago, Fernando Lacaci, con quen mantivo un encontro para abordar tanto esta cuestión como o servizo de comedores e madrugadores.

En relación á limpeza, o alcalde explicou que o concello decidiu ampliar os "estándares de limpeza que esixe a consellería" para "incorporar como parte dos centros educativos os polideportivos". Esta actuación, que o alcalde prevé prolónguese ata final de curso, vai "supor un sobrecusto adicional duns 37.000 euros mensuais".

En materia de comedores escolares, o alcalde garantiu que a "prioridade" é "atender ás familias que máis o necesitan, que son aquelas que polos recursos económicos ou polas necesidades obxectivas de conciliación así o requiren".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta