Detención para quen acose políticos

Interior ordena á Policía identificar para sancionar e deter a quen "exerza actos de frustigamento e acoso a membros de partidos". Os conservadores queren parar as protestas das hipotecas e das preferentes. O alcalde de Moaña, do PP, únese ao peche.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/03/2013 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O PP aumenta a presión sobre os colectivos cidadáns que se manifestan publicamente contra as políticas conservadores. Os afectados polas preferentes e os activistas contra os desafiuzamentos deben ter en conta que a Secretaría de Estado de Seguridade acaba de enviar a orde de identificar e deter aos que "exerzan actos de frustigamento contra membros de partidos políticos".

Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo
Protesta das preferentes no Grove durante a visita de Feijóo | Fonte: Todo Grove

"Contra os que exercen actos de fustrigamento e acoso a membros de partidos políticos, sedes de partidos, etc. Procederase en primeiro lugar a identificar para sanción os que participen nestes actos, conforme á Lei de Seguridade Cidadá ou ben, se se tratará de actos constitutivos de delito procederase á detención das devanditas persoas conforme á lexislación vixente" di textualmente a orde remitida ás comisarías esta semana.

A presión sobre os políticos do PPdeG disparouse nas últimas semanas. As quitas das preferentes e a sentencia da UE que declara ilegal parte da lexislación española en hipotecas deron folgos ás plataformas de estafados e aos activistas anti-hipotecas.

Superado polo impacto mediático, o PP primeiro tentou criminalizar aos que protestan contra os desafiuzamentos -vinculándoos coa contorna etarra. Agora, o Ministerio do Interior, gobernado polos conservadores, ordena aos axentes que identifiquen, propoñan para sanción e, no seu caso, deteñan a aqueles que participen en iniciativas como os 'escraches'.

En Galicia xa houbo unha detención dun mozo que participou na ocupación -na que houbo incidentes- dun pleno en Ponteareas. Ademais, esta semana en desaloxouse por vez primeira un pleno por parte das forzas de seguridade, en Sanxenxo. 

A Policía empurra a un dos afectados polas preferentes que protestaban en Soutomaior
A Policía empurra a un dos afectados polas preferentes que protestaban en Soutomaior | Fonte: publico.es

Síntoma do dano que están a causar as preferentes ao PP é que o  alcalde conservador de Moaña  non só apoia as mobilizacións, senón que decidiu unirse ao peche no consistorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Roza Testas

Habería que tratalos con cariño: http://www.bbc.co.uk/threecounties/...

3 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado, borrandose automaticamente os que dependian del.

2 Manoliño

Dígocho eu: ¿coñeces o Ceida, chiringuito creado polo moi comunista alcalde de Oleiros, e hoxe adscrito á UdC? ¿Como se entra a traballar alí?

1 eusi

E esta lei vai ter efectos retroactivos? Porque se é assi, muitos do PP vam ir para o caxó de cabeça: vereadores manifestando-se nas portas do Parlamento, opusianos batendo en políticos ou increpando-os polo matrimónio igualitário...