Presentada en Ferrol unha publicación que recolle a vida de Carvalho Calero en formato cómic

O Centro Cultural Torrente Ballester acolleu a presentación da publicación "Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/09/2020 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol acolleu a presentación da publicación "Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra", un cómic que repasa a vida do autor á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2020.

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

O libro, de Através Editora, mostra boa parte da súa biografía, desde a súa infancia en Ferrol, os estudos universitarios en Santiago, a Guerra Civil e a súa etapa como docente na cidade de Lugo, no Colexio Fingoi.

Tamén aborda a época na que foi catedrático na Universidade de Santaigo de Compostela (USC) e a súa aposta polo reintegracionismo, os problemas que o profesor ferrolán enfrontou a época na que lle tocou vivir e mostra o que sucedería se as teses lingüísticas que Carvalho Calero propuña triunfasen.

Durante a presentación, na que se deron cita o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o responsable da editorial, Valentím Fagim, e o autor do prólogo, Xavier Alcalá, exaltaron a figura de Carvalho Calero e pediron que a súa dedicatoria polas Letras Galegas se estenda ao 2021 polas especiais circunstancias sanitarias do país

O rexidor ferrolán asegurou que espera que neste mandato se poida facer realidade "o soño da rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero", situada no barrio de Ferrol Vello.

Ademais, Alcalá destacou a relación de Carvalho Calero con outro prestixioso filólogo ferrolán de talla mundial, Ernesto Guerra da Cal, e chegou a asegurar que o trato que recibiron demostra que "Galicia non merece figuras da calidade intelectual" destas dúas personalidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta