Rescatan a unha persoa que caeu polo oco dun ascensor nun edificio en obras na Coruña

Os feitos aconteceron a última hora da tarde do martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Os Bombeiros da Coruña rescataron durante a noite deste martes a unha persoa que caera polo oco dun ascensor nun edificio en obras da rúa Mozart.

Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 21,55 horas, cando un particular chamou a emerxencias para alertar do ocorrido.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros da Coruña, Policía Nacional e Local e persoal sanitario do 061. Unha vez que os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña liberaron á persoa do oco do ascensor, foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta