Xunqueira: un oasis musical

Como esta maldita pandemia coarta a nosa vida cotián e obríganos a andar medio enmascarados, inpedindo os apretóns de mans e bicos nas meixelas; e como semella que perdurará no tempo, a día de hoxe, atopar espazos culturais onde escoitar boa música e en directo, resulta case imposibel.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 11/09/2020

Comparte esta noticia

Ben sei que estamos en terras onde a cultura con maiúsculas ten espazos moi limitados e resulta pouco atractiva para os poderes públicos. Pero, ainda hai algún recuncho que enganchados á  historia dun vello pero moi interesante órgano, co traballo e a teimeza de persoas moi concretas,  foise erguendo unha tradición musical que é habitual nos mes de agosto nesta zona do rural ourensán.  Por eso, cando esta a piques de rematar o estío sempre  se   cháma ós melómanos   para que   nos acheguemos á vila  de Xunqueira e alí na Colexiata podamos  escoitar  músicas doutros tempos e lugares.

Música de arpa
Música de arpa | Fonte: EP

Pois ben, aínda que iste ano non se celebrou o ciclo de música de Xunqueira, si houbo dos concertos que baixo o nome de Música y Espacios volveron a pór o nome deste fermoso lugar no taboleiro musical desta provincia.

O primeiro foi o domingo trinta de agosto no que  Michel Aranda, Guitarra, e Elsa Ferrer, violín, interpretaron pezas de dous autores distintos pero dun mesmo tempo. Desta maneira escoitamos  a música de Joaquín Malats 1872-1912 e Francisco Tarrega  1852-1909, xunto con sonatas de Mauro Giuliani 1781-1829. Foi  iste un concerto moi interesante no que  tanto a guitarra como o violín amosaron que fan un boa e sensibel parexa instrumental. Ademais deixaron constancia de que á musica cando é sinxela chega ós ointes con moita claridade, pois os dous instrumentos e os executantes  teñen a  posibilidade e  expresar individualmente  e xuntos as súas potencialidades.

O segundo concerto foi un paseo pola musica de Arcanxelo Corelli 1653-1713, compositor italiano. E estivo  protagonizado Elsa Ferrer, Silvia Mondino, violíns  e Canco López órgano. Foi iste un concerto onde as harmonías tiveron unha importancia vital pois marcaron o devir e a  tónica de case todo o concerto. Como colofón foron dous concertos que, por un tempo fixeron que  disfrutáramos da musica e nos esqueceramos dos pesadelos que nos abafan actualmente.

Noraboa para os compoñentes de Ar Combinatoria polo traballo divulgativo musical que levan realizando dende hai moitos anos.

En fin, música ó natural sen aditivos nen colorantes; música en vivo sen artificios electrónicos, tan de moda na actualidade. En resumo: música de calidade para un público que, ano tras ano, vai a Xunqueira de Ambía, a ise oasis musical, ansioso de, no medio do silencio e da tranquilidade que se atopa na Colexiata, escoitar esas  composicións musicais que pouco se  prodigan  nos tempos de hoxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com