O I Congreso Galego de Teatro celebrárase en outubro

O Congreso ía celebrarse en marzo e foi adiado por causa da Covid-19.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O I Congreso Galego do Teatro celebrarase os día 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura, co mesmo programa que estaba previsto. Baixo o lema co lema “Co 2030 no horizonte”, o Congreso pretende, entre outros obxectivos, crear un plan estratéxico e unha lei do teatro na próxima década.

Presentación do Congreso do Teatro Galego no Consello de Cultura Galega en marzo de 2019.
Presentación do Congreso do Teatro Galego no Consello de Cultura Galega en marzo de 2019. | Fonte: Congreso de Teatro Galego

Ía celebrarse en marzo e que tivo que ser adiado por causa da pandemia da Covid-19, ten un duplo obxectivo: analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias dende unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral de Galicia.

Tamén trata de deseñar, a través do debate, os principios teóricos que deben guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década. Equilibraranse así dúas perspectivas –académica e política– para deseñar o futuro do teatro galego.

TRES ÁMBITOS DIFERENTES

Artellarase arredor de tres grandes ámbitos temáticos: “Experiencia acumulada”, que inclúe a análise do proceso de profesionalización, a evolución das programacións teatrais nos últimos 20 anos, e a análise da evolución dos espazos escénicos; "Retos actuais", que desenvolverá os epígrafes 'A crise da profesión teatral e os seus oficios: conflitos laborais e sociais', 'As programacións teatrais en Galicia', e 'Por un teatro inclusivo'; e “Modelos externos”, que analizará o modelo portugués, outros modelos europeos e modelos americanos.

Desde a Academia Galega de Teatro, organizadora do Congreso, están traballando para desenvolver todas as actividades no contexto actual da crise sanitaria, e tomaranse todas as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para garantir a seguridade de todos os asistentes fronte á Covid-19, compatibilizando a asistencia presencial e virtual dos participantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta