A CIG acusa a Román Rodríguez de "querer impedir o dereito á folga" cos novos servizos mínimos

Anuncia que levará ó TSXG a medida. Critican que a decisión tivera lugar ás portas dun curso para o que xa hai planificadas mobilizacións. "Unha parte moi importante do profesorado non poderá facer folga", explican.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Poucas horas tardou Román Rodríguez en gañar a primeira mostra de rexeitamento dos sindicatos logo de regresar á cabeza da Consellería de Educación. A CIG vén de comunicar que levará ó TSXG a decisión de Rodríguez de incrementar os servizos mínimos por considerar que pretenden "boicotear o exercicio do dereito fundamental á folga".

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, comparecendo no Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, comparecendo no Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo

Dende o sindicato afearon a Rodríguez que a decisión fora tomada "menos de 48 horas antes" do inicio da primeira xornada de curso, particularmente cando se prevé un inicio do ano lectivo especialmente tenso. Para a mesma xornada deste xoves -cando regresan ás aulas infantil e primaria- hai xa unha convocatoria de folga á que se lle suma a do día 16 e unha indefinida convocada para os pais.

"É obvio que a única intención da Consellaría, xa co novo conselleiro á fronte, é entorpecer a folga", indican fontes do sindicato nun comunicado público. Segundo destacan dende a formación, a decisión da Consellaría -á espera do que ditamine o TSXG- implicaría a "imposibilidade" do exercicio da folga para unha parte "moi importante" do profesorado, ao ter que contar cun o cunha docente por cada aula no día da convocatoria. "A imposibilidade de secundar a folga ampliaríase até o 100% do persoal coidador, de cociña ou de limpeza", destacan.

PESIMISMO ANTE O RECURSO

Dende o sindicato enfrontan con pesimismo o recurso legal, lembrando que demandas presentadas anteriormente contra servizos mínimos "moito máis reducidos" foron rexeitadas polo mesmo tribunal. "O TSXG, en contra do noso criterio, deu por boa a obriga de abrir todos os centros, o que implicou que as unitarias teñan vetado o exercicio da folga", explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta