Estas son as rúas da Coruña onde hai maior concentración de contaxiados

En Arteixo comezan a reducirse os casos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/09/2020 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

A situación epidemiolóxica comeza a mellorar na Coruña. De feito, segundo suliña a Consellería de Sanidade nunha orde publicada no DOG  a taxa a tres días reduciuse ata "chegar practicamente a igualarse coa taxa global da comarca", pero o "feito fundamental" é que a distribución "non é uniforme" dentro do municipio e detéctase "a agrupación de casos en determinadas zonas da cidade".

Na cidade as medidas de control detectadas pola Xunta cínguense desde este xoves ao ámbito territorial constituído polo perímetro delimitado pola intersección das seguintes rúas (ambos os lados incluídos): Rolda de Outeiro, rúa Manuel Murguía, paseo de Rolda, rúa Gregorio Hernández, Rolda de Nelle, rúa Fernando Rey, avenida de Alfonso Molina, Rolda de Outeiro (tramo da estación de ferrocarril), avenida de Salgado Torres, avenida de Cádiz, avenida do Ferrocarril, avenida de Arteixo, Polígono de Vioño, rúa Pasteur, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada, rúa Ágora, Travesía Antonio Pedreira Ríos e Rolda de Outeiro (tramo desde Manuel Deschamps a Manuel Murguía).

En canto a Arteixo, onde se aplican as medidas que restrinxen a 10 persoas as reunións, entre outros aspectos, as taxas "permanecen altas", pero "reducíronse ao longo do tempo".

Locais de hostalaría da Coruña. CAFETERIAS HERCULINAS - Arquivo
Locais de hostalaría da Coruña. CAFETERIAS HERCULINAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta