'Galiza hai un século', un proxecto para coñecer a historia do país a través de imaxes de época

Unha conta de twitter reúne centos de imaxes de cidades, profesións e habitantes da Galicia do século pasado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago a comezos do século XX. A Pobra do Caramiñal en 1917. As Burgas ourensás nos anos 10. Son tan só algunhas dos centos de estampas da Galicia antiga recollidas polo usuario de twitter GalizaHaiUnSéculo nun proxecto que xa congrega a máis de 10.000 seguidores.

Imaxe de época dunhas leiteras tradicionais galegas
Imaxe de época dunhas leiteras tradicionais galegas | Fonte: Galiza Hai Un Século

Dende maio de 2017 a iniciativa divulgou centos e centos de fotografías de distintos autores, dende Ksado a Luís Solá, pasando por Cándido del Río e moitos outros. As imaxes abranguen tanto espazos monumentais como pequenas rúas -hoxe inexistentes-, así como panorámicas de cidades que resultan case irrecoñecibles. 

Á par das fotografías urbanas e de paisaxes, a colección recolle unha grande cantidade de imaxes que serven como arquivo e mostra da sociedade galega das décadas pasadas. Dende as leiteiras e mariscadoras camiñando con cestas á cabeza ós labregos camiño dos mercados e as feiras acompañados cun carro e uns bois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta