Feijóo fala de "normalidade" no inicio de curso e quere que a volta ás aulas sexa "un éxito"

Críticou o papel do Goberno central, a quen vinculou coa falta de "coordinación" para o conxunto de comunidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o arranque do curso en Infantil, Primaria e Educación Especial, a pesar da folga convocada, "estivo dentro da normalidade", aínda que a situación na que se inicia é "absolutamente excepcional" a consecuencia da pandemia.

Neste escenario, Feijóo fixo un chamamento á "responsabilidade e ao compromiso" con todo o sistema sanitario -público, concertado e privado--. "É fundamental que a volta ás aulas sexa un éxito porque o necesitamos. Non podemos volver pechar todo o sistema en Galicia e en España", esgrimiu, nunha apelación aos distintos membros da comunidade educativa.

Crítico co papel do Goberno central, a quen vinculou coa falta de "coordinación" para o conxunto de comunidades, o presidente galego defendeu as medidas tomadas en Galicia e o reforzo do persoal ligado aos centros educativos. Aínda así, anticipou que a situación xerada obrigará a "improvisar" decisións en función do que vaia sucedendo.

Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA
Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa.. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús X. Fernández Iglesias

Claro que a incidencia da folga vai ser pequena. Cos servizos "mínimos" decretados pola extrema dereita de Galiza, secundados por un tribunal da mesma orientación, como vai ir moita xente á folga? Ou se poñen bravos os ensinantes de forma maioritaria e asumen as consecuencias represivas da desobediencia civil contra os "servixos mínimos" ou, evidentemente, non vai poder ir de forma masiva á folga. Nesta situación, falar de normalidade no inicio do curso é propia de persoas sen vergoña e sen escrúpulos. E, polo que se ve, Feijóo fala de normalidade do inicio do curso.