Preto de 90.300 mozos regresan ás aulas este venres en Galicia

O inicio do curso escolar está marcado por folgas e mobilizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Máis de 90.000 escolares regresarán ás aulas galegas a partir deste xoves para arrincar un novo período académico. Esta semana, segundo os datos de matriculación provisionais, volven aos centros un total de 194.221 alumnos de infantil, primaria e educación especial.

Tras 4º e 5º de Educación Infantil, de 1º, 2º e 3º de primaria e de Educación Especial, este venres será a quenda de 6º de Infantil e os de 4º, 5º e 6º de primaria, uns 90.337 mozos. As cifras son similares ao curso pasado, aínda que cun descenso xeral do 1,3 por cento no total de alumnos destas etapas.

En infantil, de 3 a 6 anos, serán uns 58.997, a maioría nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Deles, 41.333 farano en centros públicos, e o resto en concertados ou privados (16.445 e 1.219, respectivamente). En primaria, pola súa banda, 134.093 estudantes arrincarán as clases a próxima semana, uns 93.110 en centros públicos, 37.076 en concertados, e 2.907 en privados.

O único incremento de alumnado rexistrarase en educación especial onde, con 1.131 (533 na pública), conta cunha matrícula lixeiramente superior ao pasado exercicio (20 alumnos a maiores) . Todos eles repartiranse ao longo de 951 centros da xeografía galega, 110 de infantil, 639 de primaria e infantil, 164 de primaria e ESO e 38 de educación especial.

COMEDORES E TRANSPORTE

Os servizos complementarios xestionados pola Consellería de Educación empezarán a funcionar o mesmo día de inicio do curso, con 77.060 usuarios nos comedores escolares (11.416 naqueles xestionados por ANPAs e concellos) en 417 xestionados pola Xunta, 281 de forma directa e 136 a través de empresas.

Nenos
Nenos | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Educación insiste que cada centro conta co seu propio plan de adaptación e de continxencia segundo o protocolo elaborado pola Xunta, e que se esperan un reforzo docente de preto de 1.000 profesores. Sindicatos, docentes e anpas acusan á Xunta de improvisación. De feito, o inicio do curso escolar está marcado por folgas e mobilizacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta