A produción industrial baixa un 10,6% en xullo en Galicia, por encima da media

Empeora a taxa anual de xuño (-9,7%), pero é mellor que nos meses posteriores ao inicio da crise (-43,8% abril e -33,1% maio).

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/09/2020 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

O índice xeral de produción industrial (IPI) baixou un 10,6% en xullo en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, por encima do descenso rexistrado pola media (-6,4%), segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De media do que vai de ano, a produción da industria en Galicia acumula un retroceso do 14,3%, de acordo con estas cifras. A diminución máis acusada en Galicia en xullo, en variación anual, foi a dos bens de equipo, do 18,1%, seguida da dos bens de consumo, do 10,2% (-10,4% os duradeiros e -10,2% o non duradeiros). A enerxía anotouse unha baixada do 7,8% e os bens intermedios caeron un 4,7%.

Desta forma, o índice xeral encadea cinco meses consecutivos con taxas anuais negativas, e empeora a cifra respecto ao mes anterior, a pesar de ser inferior á dos meses posteriores ao estourido da crise sanitaria da covid-19. Así, pasou do -7,5% de marzo, ao -43,8% en abril, -33,1% en maio, -9,7% en xuño e este -10,6 de xullo.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, este índice, corrixido de estacionalidade e calendario, subiu un 9,3% en xullo en relación ao mes anterior e suma xa tres meses consecutivos á alza.

Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA
Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta