Bruxelas propón só 2 millóns de axudas para recolocar a 500 despedidos do sector naval en Galicia

Di que a diminución da cota de mercado da UE na produción mundial de buques e o aumento da competencia mundial tiveron "consecuencias nefastas" para o sector.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 11/09/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A Comisión Europea propuxo este venres destinar só 2 millóns de euros a axudar a recolocar a un total de 500 persoas que perderon o seu emprego na industria da construción naval e sectores auxiliares en Galicia.

"A globalización e a perda de cota no mercado mundial afectaron gravemente ao sector europeo da construción naval, que se atopa exposto a unha maior competencia de fóra da Unión Europea", indicou o comisario de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit.

En concreto, o apoio aos parados dos estaleiros en Galicia estará destinado a custear medidas de reciclaxe profesional e mellora das capacidades a fin de que poidan atopar emprego noutros sectores.

Segundo explicou Bruxelas nun comunicado, a diminución da cota de mercado da UE na produción mundial de buques e o aumento da competencia mundial tiveron "consecuencias nefastas" para a industria auxiliar galega de construción naval.

O Goberno de España solicitou axuda do FEAG tras o despedimento de 960 traballadores en empresas auxiliares dos estaleiros de Galicia entre maio de 2019 e febreiro de 2020. Está previsto que as axudas europeas cubran as medidas de apoio a 500 traballadores.

Asemblea informativa do naval en Ferrol
Asemblea informativa do naval en Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta