O rei recibirá a Feijóo o vindeiro martes tras asumir o seu novo mandato

O xefe do Estado recibirá a Feijóo no Palacio da Zarzuela o martes ás 11.00 horas e a Urkullu ás 17.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/09/2020 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O Rei Felipe VI recibirá o vindeiro martes en audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e ao 'lehendakari', Iñigo Urkullu, despois de que ambos fosen investidos presidentes dos seus respectivos gobernos.

Segundo consta na axenda da Casa do Rei, o xefe do Estado recibirá a Feijóo no Palacio da Zarzuela o martes ás 11.00 horas e a Urkullu ás 17.00 horas.

Ambos os presidentes autonómicos tomaron posesión o pasado sábado tras revalidar os seus mandatos en senllas eleccións, uns comicios que se atrasaron polo confinamento provocado polo coronavirus e finalmente celebráronse o pasado 12 de xullo.

O rei de España, Felipe VI, nun discurso televisado
O rei de España, Felipe VI, nun discurso televisado | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta