A Transición, a debate no II Xornadas de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra

Ángelez Diez, Xulio Prada, Goretti Sanmartín e Xabier Ferreira falaron da "francocracia", que "continua hoxe en día".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Arrincan o II Xornadas de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. A iniciativa, que se celebra no Pazo da Cultura, pon sobre a mesa "a necesidade de cuestionar o discurso pactado do 78, homoxéneo e acrítico" sobre os actores, institucións e organismos implicados na Transición, así como o papel vivido en Galicia no paso da ditadura á democracia.

O relatorio inaugural estivo a cargo da doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Complutese, Ángeles Diez, quen subliñou que na chamada Transición Española "houbo tanto continuidade como novidade", pero un período que significou a consolidación dun réxime "que nin sería democrático nin xa franquista". A chamada "francocracia", entre o 1966 e o 1986, "que continúa ata hoxe", e que "supuxo un novo trauma histórico que se engadiu ao trauma previo do golpe de estado e a guerra de resistencia posterior".

Máis centrado no ocorrido en Galicia, o profesor Xulio Prada destacou a necesidade de abordar os acontecementos nesta comunidade non só desde unha perspectiva política, senón tamén pondo de relevancia os acontecementos sociais que marcaron a época, cunha explicación complexa.

A xornada de mañá pechouse coa participación de Goretti Sanmartín, impulsora da Xunta Prol Devolución de Meirás desde a Deputación da Coruña, e do autor do informe xurídico sobre o Pazo, Xabier Ferreira. A nacionalista valorou a importancia do éxito da sentenza coñecida nos últimos días, que insta á devolución do pazo ao pobo, baseada nun modelo de traballo colaborativo no que se uniu "a mobilización social, a investigación, a divulgación e tamén o compromiso institucional".

Páxina do xornal El Pueblo Gallego ensalzando a Franco
Páxina do xornal El Pueblo Gallego ensalzando a Franco | Fonte: conversacionesobrehistoria.info

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta