Temas: VERIN DEPORTE

Os gromos de Covid19 retrasan a apertura das instalacións deportivas en Verín

O aumento de novos casos de coronavirus que experimenta a comarca obrigou ao concello a adoptar esta medida preventiva.

Por X.M. Fernández | Verín | 13/09/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Malia que as instalacións deportivas municipais (Piscina Climatizada, Complexo Deportivo da Granxa e Pavillón Municipal de Verín) están totalmente preparadas cos seus protocolos de seguridade correspondentes, e cumprindo coa lexislación vixente en materia sanitaria, o grupo de goberno decidiu esperar un tempo prudencial a que a actual situación sanitaria mellore no municipio e na súa contorna.

Concello de Verín. Foto: XMF
Concello de Verín. Foto: XMF

Esta decisión municipal, que busca frear a curva de contaxios, foi tomada tras analizar as últimas informacións remitidas polas autoridades sanitarias ao ente municipal nas que se pode observar un incremento de novos casos de COVID19 no municipio e na comarca de Verín.  

Gerardo Seoane, alcalde da localidade, fixo un chamamento cidadán á poboación para que respecten medidas de seguridade, aconsellando "non baixar a garda" e lembrando as rutinas da nova normalidade: manter a distancia social, unha hixiene constante de mans e o uso de máscara. "A nosa prioridade absoluta é a saúde e a seguridade dos nosos veciños e veciñas", indicou Seoane.

Aínda que as instalacións deportivas permanezan pechadas de cara ao público este mes, contarán con persoal destinado a resolver, vía telefónica, as posibles dúbidas ou preguntas que teñan os usuarios e as usuarias destes servizos municipais.

Temas: VERIN DEPORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta