Temas: CALOR

A Coruña, Ourense e sur de Lugo e Pontevedra estarán en aviso amarelo este domingo por altas temperutras

Poderían alcanzar os 36 graos centígrados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/09/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

As provincias da Coruña e Ourense e o sur de Lugo e Pontevedra estarán este domingo en aviso amarelo por altas temperaturas que poderían alcanzar os 36 graos centígrados, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meterología (AEMET).

Calor.
Calor.

Galicia é unha das partes da península nas que se espera un domingo de altas temperaturas. A calor tamén afectará o País Vasco, onde estarán en alerta laranxa nalgunhas zonas do interior, nas que se esperan temperaturas de ata 37 graos e 38 graos en Bilbao.

Galicia podería alcanzar os 36 graos na provincia de Ourense e no sur de Lugo e os 35 graos en Pontevedra e A Coruña, onde o AEMET estableceu alerta amarela.

Temas: CALOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta