A oposición ve unha Xunta "incapaz" ante os incendios que arrasan miles de hectáreas en Ourense

O PP avoga por traballar para "mellorar o sistema de prevención", pero incide en que "os incendiarios" aproveitaron "a difícil situación"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

BNG e PSdeG interpretan que a imaxe de miles de hectáreas queimadas estes días no monte ourensán é unha mostra dun Goberno da Xunta "incapaz" e "esgotado" ante os incendios forestais, especialmente, na vaga de lumes de Ourense. Pola súa banda, o PP avoga por traballar para "mellorar o sistema de prevención", pero incide en que "os incendiarios" aproveitaron "a difícil situación" no meteorolóxico para prender os lumes.

En rolda de prensa este luns no Parlamento, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, subliñou que a fotografía de "os incendios arrasando zonas do sur" da comunidade "son exemplo" de como a aplicación de "vellas políticas fracasadas conducen aos mesmos resultados". "Mentres o PP careza dunha auténtica política de prevención, os 365 días do ano, e mentres non se poña en marcha unha estratexia de limpeza e ordenación do monte, os incendios serán tristemente unha noticia que se repite", lamentou.

Así, despois de trasladar o seu "apoio" tanto aos efectivos contra incendios como aos veciños que viven con "angustia" esta situación, opinou que "é importante que compareza o conselleiro" de Medio Rural, José González, no Parlamento, "porque debe explicar que ano tras ano ardan os mesmos concellos sen que a Xunta tome medidas eficaces".

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, tamén nunha comparecencia no Pazo do Hórreo, viu "insuficiente" a política da Xunta neste ámbito, polo que "hai que esperar a que chova para ter garantías fronte ao lume". Ao seu xuízo, "o coidado dos montes ten que ser unha prioridade" do Executivo e "é o momento de facer os deberes". "Hai que pasar páxina para facer unha auténtica política de prevención", incidiu.

E é que, para o líder socialista, pasaron catro anos nos que a Xunta "abandonou ao medio rural" e agora é precisa unha "política vertebración territorial que pasa por coidade o patrimonio interior".

"TODOS OS MEDIOS"

Mentres, o portavoz do PP na Cámara autonómica, Pedro Puy, reiterou a disposición a aplicar "todos os medios" ao alcance do Goberno autonómico "para que os incendiarios paguen" ante unha onda de incendios na que, ao seu xuízo, aproveitouse "a difícil situación meteorolóxica destes días para prender lume ao monte", dixo sobre as altas temperaturas e o vento.

Puy avogou tamén por traballar para "mellorar o sistema de prevención de incendios". Neste sentido, incidiu no rexistro por parte dos populares dunha iniciativa para impulsar "un centro integral para a loita contra o lume, dotado con persoal especializado". "E formar aos bombeiros forestais e desenvolver operacións de análises e investigación para combater con maior eficacia os lumes", engadiu sobre os obxectivos.

Veciños da parroquia de Montes comproban o estado das súas vivendas tras o paso do lume, en Cualedro, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Veciños da parroquia de Montes comproban o estado das súas vivendas tras o paso do lume, en Cualedro, Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

E imposible montar una " estratexia de limpeza do monte" porque a) o monte en Galicia é privado, sonos propietarios os que terìan que desbrozar; b) En Galicia hai millóns de hectáreas de monte, absolutamwente imposible desbrozar todo; c) Mentres haxa incendiarios, vai seguir habendo incendios. Os oincendios non son a consecuencia de nengunha política, senón da actuación dos incenciarios, seica inexistentes para algún.