Na rúa o novo número de "Fol de Veleno. Anuario de antropoloxía e historia"

A Sociedade Antropolóxica Galega edita este volume no que colaboran Xabier Moure Salgado, Joam Evans Pim, Miguel Losada ou Antón Fernández Malde.

Por GC Tendencias | Ourense | 03/04/2013 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

“Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” está xa dispoñible nalgunhas librarías do país. Este novo número da revista editada pola Sociedade Antropolóxica Galega conta con colaboracións de varios autores sobre tradicións, lendas, arqueoloxía, socioloxía ou antropoloxía. 

Portada da revista
Portada da revista

O novo volume conta cun total de 200 páxinas e 16 artigos de temática variada. "Malia o incremento de páxina respecto o ano pasado (70 páxinas máis) co conseguinte incremento de custos, en vista da penosa situación económica decidimos mante-lo prezo do ano pasado, isto é 10 €, para facilita-la súa adquisición, na medida do posible, ó maior número de lectores", apuntan os editores.

Colaboradores

Precisamente, as restricións económicas tamén fan que só se poida adquirir en poucas librarías do país. Con todo, os interesados podedes adquirilo tamén a través desta web, do noso facebook ou do  noso correo de contacto infosaga@antropoloxiagalega.org

Neste número colaboran, entre outros, Xabier Moure Salgado, Joám Evans Pim, Carmen Arnau, Miguel Losada, Carlos Víctor Rodríguez, Rafael Quintía, José Luís Cardero, José A. Gavilanes, Antón Fernández Malde, Marie Claude Auffret, Pablo Novoa, Manuel Gago, Susi Gesto ou Alicia Beatriz López e José Luís Lozano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta