ANPAs, profesores e alumnado participarán este mércores en varias concentracións contra a xestión da Xunta en educación

A confederación de ANPA do ensino concertado emitiu un comunicado no que critican a descoordinación entre administracións, que "non estiveron á altura das circunstancias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

Docentes, pais e estudantes participarán este mércores en diversas concentracións simultáneas en 24 municipios de toda Galicia para protestar pola xestión da Xunta da volta ás aulas neste contexto de COVID-19.

As protestas desenvolveranse ás 19,00 horas e están secundadas tanto polos catros sindicatos que convocan a folga do 23 de setembro (CIG, CC.OO., CSIF e STEG); como polas confederacións de ANPA Confapa-Galicia e Anpas Galegas e as asociacións de alumnos Erguer e Alaga.

Doutra banda, a confederación de ANPA do ensino concertado emitiu un comunicado no que critican a descoordinación entre administracións, que "non estiveron á altura das circunstancias".

Neste sentido, solicitan unha maior transparencia e comunicación por parte das Consellerías de Educación e de Sanidade, sobre todo tras o comezo "positivo" da celebración do Consello Escolar de Galicia.

Congapa pide que se permita implantar a xornada única durante o tempo que dure a pandemia naqueles centros que o soliciten, ademais da necesidade de implementar a figura da enfermeira escolar dentro dos equipos Covid, entre outras.

Estudo, estudar, estudante, estudantes, clase, clases, aula, aulas, alumno
Estudo, estudar, estudante, estudantes, clase, clases, aula, aulas, alumno

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta