Polémica nas redes por prohibir un centro social de Santiago entrar con máscaras coa bandeira de españa

Acusan á Gentalha do Pichel de "fomentar o odio", entre eles, e Ciudadanos. Varios centros sociais e agrupacións galegas saíron en defensa da Gentalha.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Prende a polémica sobre o centro social da Gentalha do Pichel logo dun anuncio en redes sociais máis que contestado. A plataforma compostelá publicou un chío no que sinalaba que, "por hixiene sanitaria" era obrigatorio o emprego de máscara e, "por hixiene democrática", as máscaras en cuestión non podían portar a bandeira de España.

Chío da Gentalha do Pichel sobre as máscaras coa bandeira de España
Chío da Gentalha do Pichel sobre as máscaras coa bandeira de España | Fonte: Twitter

O anuncio da plataforma veu marcado polo regreso do centro social á actividade, que segundo destacan na súa web está a desenvolverse coas medidas de seguridade precisas para facer fronte a un ano "difícil". As reaccións negativas ó chío, que acumula máis de 200 respostas, non se fixeron de agardar, incluíndo críticas ó "fascismo" ou a "discriminación" do propio centro.

Como contrapartida, o centro social compostelán recibiu o apoio de espazos semellantes doutras cidades de Galicia, así como de diversas plataformas galeguistas e múltiples usuarios, que cargaron contra a campaña de "acoso" recibida.

CDS VE "ACTO DE ODIO"

O impacto da publicación da Gentalha do Pichel logrou alcanzar tamén as esferas da política, onde a agrupación compostelá de Ciudadanos vén de expresar a súa "condena" ós comentarios do centro social. Para a formación laranxa, o chío constitúe un "comentario discriminatorio" constitutivo dun "acto de odio" contra os símbolos do Estado. 

Segundo explica o partido comandado por Inés Arrimadas, a coordinadora da agrupación santiaguesa, María Vilas, tamén solicitou ó Concello de Santiago a condena dos "actos de odio vertidos en redes sociais pola asociación". Do mesmo xeito, anuncian que preguntarán ao Concello se a plataforma segue a percibir "algún tipo de subvención pública". "Vemos incompatible recibir este tipo de subvencións e verter comentarios discriminatorios entre os veciños da nosa cidade", apuntaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Victor

Cando deixan ó galego fóra, non pasa nada, cando ilegalizan unha bandeira galega non pasa ren, cando dinche que fales en castrapo non pasa ren, cando aproban unha lei que descrimina ó galego na escola non pasa nada, cando venhen da fóra despotricando contra Castelao non pasa nada, etc... Este é un espazo pra galegas galegos, llo galego... Non hai máis.

3 Ros

Gran asignaciòn cultural e veciñal cunha labor encomiable. Que esta tonteria non tape todo ese bo traballo.

1 Ros

Asignaciòn quixen dicir

2 vostrus

Xa sei os locais onde irei tomarlle unhas sidras cando viaxe polo país! Magnífica iniciativa!! Parabéns ós centros!!!

1 nostrus

E cual é a postura do bloque?, pois seguro que é solidarizarse con esas alimañas coas que comparte sentimentos. Unha vez mais demóstrase a faciana real do nacionalismo cando non se atopa aletargado, amosando o seu rencor odiando ao que lle parece extraño sin decatarse de que nese odio tamen vai o que é propio. Vendo esto, non me extraña que a Abascal lle gustaria que fosen ilegalizados, pero o conxuntoda sociedade é mellor ca eles e preferimos que na democracia española caben hasta eles, cousa que non sucederia na Galicia que diseñan eles.

1 Inespal

Qué tes Voxtrus, non che sentou ben a medicación? Pensá o porco que as alimañas son os demais. Noxento.