A Xunta busca fomentar accións en favor da igualdade de xénero no ámbito universitario

O goberno galego e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo colaboran en distintas iniciativas contra a violencia de xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, incidiu este martes na necesidade de promover accións en favor da consecución da igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario.

Así o indicou na inauguración do XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade para a Excelencia Universitaria (RUIGEU 2020), que se celebrou de forma telemática e na que tamén participaron os reitores do tres universidades galegas e a directora do Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades, Beatriz Gimeno.

Durante a súa intervención, Natalia Prieto defendeu que a universidade é "o ámbito de socialización que máis inflúe na aprendizaxe das persoas" e, por tanto, é neste campo onde se debe fomentar a reflexión sobre os roles e os valores que rexen na sociedade, así como traballar cara a consecución da igualdade real e na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias. Nesta liña,destacou o "importante papel das universidades para inculcar os valores da igualdade" nas xeracións máis novas.

Por iso, a Xunta e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo colaboran en distintas iniciativas a favor da igualdade e da loita contra a violencia de xénero. Un exemplo é o acordo de colaboración, dotado con 300.000 euros e asinado o ano pasado, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta