Corentena para 11 nenos e dous educadores por un positivo na Galiña Azul de Vilaboa

Practicaranse PCRs tanto ao persoal como aos menores, aínda que a gardaría non tivo que pechar as súas portas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Un positivo rexistrado na escola infantil de Vilaboa, en Pontevedra, obrigou a pór en corentena aos nenos e aos educadores dun dos grupos no centro, dependente da Consellería de Política Social.

En concreto, trátase dun dos escolares do grupo de 2 a 3 anos. A familia informou este domingo da confirmació do positivo e, seguindo as instrucións do protocolo ante a COVID-19, púxose en corentena aos seus compañeiros e aos empregados que estiveron en contacto con el.

Un total de 11 nenos e dous educadores non acudiron ao centro, que se someteu a tarefas de limpeza e desinfección dos seus espazos. Así mesmo, practicaranse PCRs tanto ao persoal como aos menores, aínda que a gardaría non tivo que pechar as súas portas.

Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO
Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta