Rueda aposta por "replanificar" o Xacobeo e que sexa "máis pegado ao interior"

Feijóo apostou xa por estendelo ata o 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este mércores en Lugo que haberá que "replanificar" o Xacobeo tendo en conta a situación post COVID-19, facéndoo "máis pegado ao interior", á vez que considerou "lóxica" a proposta do presidente Alberto Núñez Feijóo de estender a súa celebración ao 2022.

"Eu creo que o presidente fixo unha petición lóxica, na que todo o mundo ten que estar de acordo", dixo Alfonso Rueda, que lembrou que "as circunstancias nas que se vai a desenvolver o Xacobeo do ano 21", para o que "quedan catro meses", estarán "moi condicionadas polo que ten que ver coa pandemia".

"Todo indicaba que iamos bater unha marca de asistencia", lembrou Rueda, á vez que precisou que, "pensando sobre todo que moitos peregrinos son de moitos países, que agora teñen toda a mobilidade moi reducida, eles e todo o mundo, iso afecta ao Xacobeo".

Neste sentido, o vicepresidente dixo que hai "dúas tarefas fundamentais" para esta celebración. En primeiro lugar, "replanificalo para adaptalo a estas circunstancias", buscando un Xacobeo "moito máis pegado ao territorio e mirando cara ao interior", sen "renunciar a que poida ser o Xacobeo que viña planificando con tempo", advertiu.

Así mesmo, explicou, é necesario "pedir que se prolongue no tempo, pensando que a circunstancia da pandemia vaian mellorar e, por tanto, normalizar e toda esa afluencia e todos eses actos se poidan celebrar". "Por iso o presidente pedía esa posibilidade e imos insistir e cremos que neste momento está plenamente xustificado", resolveu.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en Lugo.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta